Ir o contido principal

Miguel Taín Guzmán pronuncia a conferencia inaugural do simposio en Estudos da Peregrinaxe 2015 en Estados Unidos

O profesor Miguel Taín Guzmán pronunciará a conferencia inaugural do 2015 Symposium on Pilgrimage Studies que se vai desenvolver entre os días 16 e 18 no William and Mary Collage de Williamsburg de Estados Unidos, convidado polo seu Instituto de Estudos da Peregrinaxe.

A conferencia que pronunciará leva por título ‘Imagines Cathedralis Ecclesiae Compostellanae: an international research project on the iconography of the Cathedral of Santiago de Compostela’. Nela presentará os primeiros resultados do proxecto de investigación sobre a iconografía da catedral de Santiago de Compostela que desenvolve en Alemaña.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.10.2015.