Ir o contido principal

`Minerva, la diosa de Compostela´, un libro de José Manuel García Iglesias

José Manuel García Iglesias
José Manuel García Iglesias
Premio de Ensaio Histórico `Domingo Fontán´, convocado pola Real Sociedade Económica de Amigos do País e a Universidade de Santiago de Compostela

Minerva, la diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, da autoría de José Manuel García Iglesias e editada por Andavira Editora e o Consorcio de Santiago, foi a obra gañadora do III Premio de Ensaio Histórico “Domingo Fontán”, que promoven a Real Sociedade Económica de Amigos do País e a Universidade de Santiago de Compostela.

É un libro que trata sobre os diferentes centros de saber que a historia foi acumulando en Santiago de Compostela, outorgándolle un particular tratamento á Económica de Amigos do País e á Universidade, aproximándonos aos retratos que atesouran, aos vítores, tanto pintados como esculpidos, a esculturas varias localizadas, ás veces, noutros tipos de ámbitos: prazas e rúas desta urbe, o Panteón de Galegos Ilustres…; trátase, en todo caso, de relacionar cada pintura ou escultura, co contexto que lle deu o seu primeiro sentido; así se recuperan, en certo xeito, as galerías de retratos que distinguiron, no seu día, ao Colexio de Fonseca ou á Biblioteca Pública. O Paraninfo da Universidade está aquí especialmente tratado. A suposta impronta que nel deixou quen houbo de ser o seu mentor -o masón Augusto Milón, secretario xeral da Universidade- leva a explicar o acabado que se lle outorgou a tan solemne espazo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.11.2016.