'Miradas Emerxentes. Novos Fotógrafos Galegos', nova mostra na Igrexa da Universidade

A obra de cinco fotógrafos galegos que se presentaron ao Festival de Fotografía Olladas’08 exporase a partir do xoves, 3 de xullo, na Igrexa da Universidade. A mostra ‘Miradas Emerxentes. Novos Fotógrafos Galegos’ está producida pola Deputación da Coruña.
Comisariada por Xurxo Lobato, na exposición participan os fotógrafos Maribel Castro, Xosé Durán, Antía Moure, Alberte Peiteavel e Manuel Valcárcel. Todos eles asistirán á inauguración que terá lugar o xoves, ás 20:00 horas.