Ir o contido principal

A montaxe de ‘O Mesías’ de Haendel busca voces

A montaxe de O Mesías de Haendel, que se presentará o próximo 14 de decembro no Auditorio de Galicia coa Real Filharmonía de Galicia e a participación do Coro Universitario, abre a súa participación a persoas interesadas que, reunindo as condicións artísticas necesarias, queiran tomar parte deste proxecto. Así, a parte coral da montaxe vaise desenvolver coa fórmula de coro participativo no que, ademais do Coro da USC, tamén participarán cantantes doutras formacións e mesmo persoas a título individual. As persoas interesadas deberán enviar un proxecto.mesias [at] actus.org.es (correo electrónico) deixando constancia dos seus datos persoais (nome, idade e enderezo de correo electrónico).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2014.