Ir o contido principal

Unha mostra na Igrexa descubre a maxia do Camiño a través dos propios peregrinos

Foto gañadora na categoría 'Natureza e animais'. Foto: Correos
Foto gañadora na categoría 'Natureza e animais'. Foto: Correos

A Igrexa da Universidade acolle ata o 6 de febreiro a exposición ‘Descubre a maxia do Camiño’, cunha selección das mellores imaxes presentadas ao concurso de fotografía sobre o Camiño de Santiago organizado este verán por Correos e iPeregrinos. Na inauguración deste luns participaron a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, Mª Dolores Álvarez Pérez; o director da Zona 1 de Correos, Ángel Pérez Pérez; e Iago Rodriguez, de iPeregrinos.

Ao concurso presentáronse máis de 600 fotografías en diferentes categorías: ‘Sorrisos’, ‘ Natureza e Animais’, ‘Arte e Cultura’, ‘Gastronomía’ e unha última aberta a ‘Otros’ que dá cabida a calquera outro aspecto máxico do Camiño. Entre elas elixíronse 5 gañadores e 5 finalistas, que se inclúen na exposición.

Mostra itinerante
A produción levarase a outras cidades españolas ao longo de todo este ano. Logo de Santiago viaxará a Xixón, León, San Sebastián, Burgos, Barcelona, Valencia, Alacante, Andalucía, Estremadura e, finalmente, Madrid.

A mostra pode visitarse de luns a sábado de 17:00 a 20.00 horas. Foto: Correos

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.01.2017.