Ir o contido principal

A mostra 'Sólido, líquido, gaseoso' encherá a Igrexa da Universidade de referencias á Costa da Morte

Esta exposición do ourensán Alexandro inaugúrase o mércores 14

Grandes figuras, cromatismo intenso, mestura de formas e cores recrearán na Igrexa da Universidade da USC a forza da Costa da Morte da man do artista ourensán Alexandro na exposición ‘Sólido, líquido, gaseoso’. Trátase dunha produción que organizan a Universidade de Santiago e a Consellaría de Cultura e que se inaugurará o vindeiro mércores 14.
Alexandro está considerado como un dos representantes máis orixinais do panorama artístico contemporáneo galego, cunha produción artística que abrangue a obra pictórica de gran formato ata a ilustración de libros e carteis promocionais. A exposición permanecerá na Igrexa da Universidade do 14 de outubro ao 29 e novembro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.10.2009.