Ir o contido principal

A Mostra de Teatro Universitario de Galiza abre este luns cunha curiosa versión do Xuízo Final

O IX Mostra de Teatro Universitario de Galiza comeza este luns 26 co pase de ‘Comedia Bífida’ que achega ao público unha curiosa e irónica versión do Xuízo Final. A obra, a cargo da Compañía Bicodobrelo da USC, represéntase ás 21:00 horas no Salón Teatro baixo a dirección de Tero Rodríguez.
Con San Pedro como xuíz supremo, os mortos son xulgados pola súa actitude en vida a prol ou en contra do uso da lingua propia, neste caso, o galego. Un arcanxo defensor e un demo fiscal darán o contrapunto argumental dunha peza cargada de humorismo e crítica nas antesalas do inferno ou do paraíso.
Escrito por Manuel C. Núñez Singala e publicado en abril de 2007 pola Editorial Galaxia, o autor do texto é tamén filólogo e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.05.2008.