A mostra ‘Ultreia, Bo Camiño, bom caminho, bonne voi, good way’ inaugúrase este xoves na Igrexa

O Camiño de Santiago como fío condutor para ensinar o que para un grupo de artistas galegos e portugueses significa esta vía milenaria. Diso trata a mostra ‘Ultreia, Bo Camiño, bom caminho, bonne voi, good way’, un proxecto expositivo de Cristina Carballedo realizado especificamente para a Igrexa da Universidade que se inaugura este xoves 27 ás 20.00 horas.
Trátase dunha porposta multidisciplinar na que cada un dos artistas participantes elixiu unha obra da súa traxectoria que para eles representa o concepto ou o espírito do Camiño de Santiago. A idea final é construír unha imaxe contemporánea do Camiño.
A súa comisaria, Carolina Carballedo, pretende pór en valor para os peregrinos e visitantes un espazo cultural emblemático intervido por artistas profesionais “co que poden levar unha imaxe actual da nosa arte viva e ao tempo unha visión moi contemporánea do concepto do Camiño”.