Ir o contido principal

Tres mulleres do equipo de natación da USC fanse con ouros no campionato galego máster de inverno

Foto de grupo do equipo de natación da USC
Foto de grupo do equipo de natación da USC
Excelente actuación do equipo da Universidade de Santiago este domingo en Carballo

O equipo de natación da USC tivo unha excelente actuación no campionato galego máster de inverno celebrado este domingo en Carballo no que obtivo 3 medallas de ouro, 9 de prata e 8 de bronce. Os ouros foron todos para tres mulleres: Andrea Casal en 200 costas, Elena Brozos en 50 libres e Paloma Herbello en 200 libre. Ademais, en categoría feminina Elena Brozos fíxose coa prata en 200 libres; Rita Cabanelas coa prata en 100 estilos e o bronce en 50 costas; Paula Prada bronce en 100 estilos e prata en 50 bolboreta; Sara Lago prata en 100 braza e bronce en 200 libre; e Paloma Herbello o bronce en 100 braza. En categoría masculina, David López acadou a prata en 400 libres e o bronce en 100 braza; Pablo Cabanelas a prata en 400 e en 200 libres; Jorge Mira prata en 50 e en 200 libres; Pablo Castro o bronce en 100 braza e Danel González o bronce en 400 libres.

Ademais, o equipo masculino de 4x50 metros estilos acadou a medalla de bronce.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.02.2013.