Ir o contido principal

O Museo de Historia Natural da USC mostra nunha exposición as especies ameazadas da flora e fauna galega

De esquerda a dereita, María Isabel Fraga, Ánxela Bugallo, Mª José Alonso, Elvira Cienfuegos e Xulia Guntín
De esquerda a dereita, María Isabel Fraga, Ánxela Bugallo, Mª José Alonso, Elvira Cienfuegos e Xulia Guntín

O Museo de Historia Natural Luis Iglesias da USC organiza a exposición ‘Coñecer para protexer. Especies ameazadas de flora e fauna galega’ que se inaugurou no Instituto de Cerámica (Avda. Mestre Mateo. Santiago) este luns.
Ao acto de apertura asistiron a vicerreitora de Investigación da USC, Mª Xosé Alonso; a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; a subdirectora xeral da dirección xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Xulia Guntín; a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Santiago, Elvira Cienfuegos, e a directora do Museo de Historia Natural, Luis Iglesias, María Isabel Fraga.
A mostra, enmarcada na Semana da Ciencia 2007 e patrocinada pola Dirección Xeral de I+D+I da Consellaría de Industria, dá a coñecer as especies animais e vexetais silvestres en Galicia que se atopan en perigo de extinción e corren o risco de desaparición a medio prazo. Os visitantes poderán aumentar deste xeito os seus coñecementos sobre a biodiversidade do país e concienciarse sobre o valor do patrimonio natural e a importancia da protección e conservación das especies e os hábitats onde viven.
A exposición poderá visitarse ata o 30 de novembro de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2007.