Ir o contido principal

O Museo de Historia Natural da USC organiza a vindeira semana tres días de portas abertas

O Museo de Historia Natural da USC organiza a vindeira semana tres días de portas abertas
O Museo de Historia Natural da USC organiza a vindeira semana tres días de portas abertas
A apertura oficial do novo centro celebrarase o 21 de outubro

Os días 14, 15 e 16 o Museo de Historia Natural da USC celebrará tres xornadas de portas abertas dirixidas ao conxunto da comunidade universitaria (estudantado, persoal de administración e servizos, docente e investigador) o martes 14, e ao público en xeral as do mércores 15 e o xoves 16. Os distintos espazos do novo edificio emprazado no Parque de Vista Alegre poderanse visitas con entrada libre este días en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas. O novo edificio que acolle a colección do Museo de Historia Natural da USC abrirá oficialmente as súas portas ao público interesado o martes 21. O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela é un centro con fortes potencialidades educativas e sociais, pois ademais das súas tarefas de investigación e educación formal, centra o seu futuro na divulgación científica. A exposición presentada na súa nova sede é unha oportunidade de achegarse a pezas recompiladas dende mediados do século XIX, maioritariamente con achegas de profesores da Universidade de Santiago de Compostela, de científicos e naturalistas, así como de particulares e institucións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.10.2014.