Música brasileira e teatro de sombras na Residencia Universitaria Monte da Condesa
Os residentes e público en xeral que na tarde e noite deste martes 18 se acheguen á Residencia Universitaria Monte da Condesa poderán gozar dun espectáculo de teatro de sombras e dun concerto de música brasileira.
‘Á sombra dos sentidos’ é o título da función de contos e teatro de sombras que terá lugar a partir das 18:00 horas na Sala do Piano da residencia. Xa ás 22:30 na Sala da Columna actuará o Trío de Música Brasileira composto por Serginho Sales, Teclado e voz; Renato Spencer, guitarra e voz; e Paulo Silva á percusión.