Ir o contido principal

Música en Compostela, premio Excelencia 2018 polo seu 60 aniversario

O catedrático Juan Casares Long recolleu en representación de Música en Compostela o Premio Excelentia 2018 outorgado pola Fundación homónima na categoría de Efemérides. O galardón recoñece o sesenta aniversario deste programa musical do que a USC forma parte e co que colabora na organización dos cursos universitarios internacionais de música española. O premio foi compartido co Teatro Campoamor de Oviedo polo seu 125 aniversario. Os premios divídense en diferentes categorías e tratan de recoñecer o labor realizado por persoas, institucións e empresas no ámbito da cultura e na música clásica en particular, así como apoiar novos talentos e recoñecer traxectorias profesionais.

La Fundación Excelentia é unha fundación privada sen ánimo de lucro que desenvolve as súas actividades no campo da cultura. O seu obxectivo é contribuír á promoción do patrimonio lírico-musical e impulsar a creación e representación das artes musicais en todas as súas variedades adoptando e xuntando as iniciativas necesarias para que se cultiven en liberdade e perfeccionamento permanente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.05.2018.