A música galega do século XX, da man da Orquestra do Espazo de Cámara da USC

A Orquestra do Espazo de Cámara da USC ofrece este martes 28 un novo concerto, nesta ocasión cun programa íntegro de compositores galegos de principios do século XX como Andrés Gaos, Manuel Quiroga e Henrique Saavedra, con Gregori Nedobora como violín solista invitado. A cita, de entrada libre ata completar o aforo, será ás 20.30 horas na Igrexa da Universidade.