Ir o contido principal

A música tradicional folclórica xaponesa ‘Minyô’ soará este mércores en Filoloxía

A música tradicional folclórica xaponesa ‘Minyô’ soará este mércores en Filoloxía
A música tradicional folclórica xaponesa ‘Minyô’ soará este mércores en Filoloxía

Cando se cumpren tres anos do terremoto e tsunami que afectou a Xapón, Filoloxía abrirá as súas portas este mércores 12 a unha actividade que pretende honrar a memoria dos/as afectados/as a través do achegamento á música tradicional folclórica xaponesa ‘Minyô’, contando para isto coa presenza de expertos chegados de Xapón para a ocasión. A partir das 17.00 horas no Salón de Actos do centro compostelán e con entrada libre, a xornada arrancará cunha charla arredor da música ‘Minyô’, baseada en cancións populares que serven de expresión das emocións das xentes que as cantan. A charla presentará algunhas cancións representativas do folklore da rexión e Tôhoku e incidirá nas particularidades da vocalización e da forma de canto do dialecto de Tôhoku, así como ás presentes nas letras das cancións. Na mesma xornada, a partir das 17.50 horas, nun taller específico, as persoas interesadas poderán practicar esta modalidade musical co acompañamento musical dun shamisen. Para completar a xornada celebrarase un concerto no que se interpretarán seis cancións das máis representativas das seis prefecturas da rexión de Tôhoku. Esta é unha actividade organizada pola Fundación Xapón coa colaboración do Centro de Linguas Modernas da USC e que inscribe no programa de actividades do 400 aniversario das relacións entre España e Xapón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2014.