Ir o contido principal

Nace o grupo virtual 'Lectura crítica no tempo da COVID-19'

A cada sesión de lectura poderá acceder un máximo de 20 persoas. FOTO: Santi Alvite
A cada sesión de lectura poderá acceder un máximo de 20 persoas. FOTO: Santi Alvite
A primeira sesión desenvolverase o 3 de xuño ás 18.00 horas a través de Microsoft Teams e as inscricións poden realizarse no enderezo cesar.dominguez@usc.es
Santiago de Compostela

Promover lecturas plurais e interdisciplinarias na presente situación de confinamento para fomentar a aprendizaxe colectiva e o apoio mutuo é a finalidade do novo grupo virtual 'Lectura crítica no tempo da COVID-19'. A primeira xuntanza desta comunidade terá lugar o mércores 3 de xuño ás 18.00 horas a través de Microsoft Teams e, no transcurso da mesma, discutirase un texto de Michel Foucault sobre o panoptismo. As inscricións poden formalizarse a través do enderezo electrónico cesar.dominguez [at] usc.es (cesar[dot]dominguez[at]usc[dot]es)

"A comunidade virtual artéllase ao modo dos academic reading groups anglosaxóns, isto é, contribúe ao coñecemento de textos fundamentais da teoría crítica mediante a axuda mutua para a comprensión destes textos e a reflexión sobre as súas conexións cos acontecementos que estamos a vivir", explicar o profesor da USC e impulsor da iniciativa, César Domínguez. Para cada sesión, designarase unha persoa responsable de presentar un resumo da lectura proposta, seguida por unha reflexión sobre os puntos básicos de debate que suscita. A continuación, baixo a supervisión dun moderador, comeza a discusión colectiva.

A cada sesión de lectura poderá acceder un máximo de 20 persoas para asegurar, deste xeito, unha participación fluída. As sesións, as cales se celebrarán cada tres semanas, serán gravadas e atoparanse accesibles para todas as persoas da comunidade. A actividade diríxese a estudantes de grao da USC e, na mesma, tomarán parte especialistas convidados para a discusión dos textos.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.05.2020.