Ir o contido principal

Natación e tenis incorpóranse a oferta estival da Área de Deportes

Natación e tenis incorpóranse a oferta estival da Área de Deportes
Natación e tenis incorpóranse a oferta estival da Área de Deportes

O Servizo de Deportes acaba de completar a súa oferta de actividades específicas para o verán coas actividades asociadas á escola de natación e actividades acuáticas para os meses de xuño e xullo e os cursos intensivos da de tenis durante o mes de xullo. Estas escolas, que xa teñen os prazos de inscrición abertos (a de tenis a partir do día 25), engádense as actividades que durante os meses de maio, xuño e xullo o Servizo de Deportes desenvolverá para a comunidade universitaria e tamén para o resto da cidadanía, tanto en Santiago como en Lugo, co único requisito de que sexan maiores de 14 anos. En maio, o calendario programado para Compostela comezará coa escola de Zumba-Cardiodance e continuará coas de mellora da condición física e mantemento, do 18 de maio ao 30 de xuño. Tamén en maio e xuño as persoas interesadas poderán inscribirse en actividades combinadas de aerobic e step, GAP e tono, zumba-cardiodance e en defensa persoal e mellora da condición física feminina. Finalmente, e ao longo dos tres meses, existirá a posibilidade de realizar actividades de tai-chi, kung-fu, pilates, ximnasia terapéutica e ioga. Xa en xullo, están pendentes que se definan os prazos das escolas de natación e tenis, que se anunciarán oportunamente. Lugo No campus lugués as propostas abertas ao público interesado concentraranse nos meses de maio e xuño e contemplan ioga, pilates, ximnasia de mantemento, zumba-cardiodance, GAP e unha combinación de mantemento, aerobic e step. Tanto para Santiago como para Lugo, a inscrición en calquera das actividades deportivas propostas require a alta como usuarios de deportes das persoas interesadas. A inscrición na actividade realizarase nas instalacións da Piscina Universitaria de Compostela (1º Andar), nas da UXA na Biblioteca Intercentros de Lugo de 9.00 a 14.00 horas ou na web. Tamén se poderán realizar consultas informativas nos teléfonos 881 815 071 e 881 815 073, para Santiago e no 982 823 584 de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.05.2015.