Ir o contido principal

O neno Alberto López, do Club USC, participará en dúas probas de gran prestixio tenístico

Estará no XXVI Torneo Albert Costa Sub-13 e na proba do Nadal Tour de Valldoreix en Barcelona

Alberto López, tenista de 12 anos do Club USC, participará a vindeira semana en dous acontecementos deportivos de gran relevancia estatal. López xogará no Club Tenis Urgell (Lleida) o oficioso Campionato de España Sub-13 reservado aos mellores xogadores nacionais desa idade e ao que acode convidado xunto con outros tres representantes do tenis galego. Ademais, aproveitando a estancia en terras catalás xogará tamén unha proba do Circuíto Nadal Tour, concretamente a que se celebrará no Club de Tenis Valldoreix en Barcelona. Este torneo é un circuíto xuvenil de tenis impulsado polo tenista en 2014 coa vontade de completar a competición deportiva cunha vertente educativa, potenciando valores como o esforzo, o compañeirismo e a superación persoal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.03.2015.