Ir o contido principal

Nenos e nenas participantes no Verán CampUSC limpan un tramo do río Sarela

A Fundación Universidade de Santiago de Compostela impulsa esta iniciativa
A Fundación Universidade de Santiago de Compostela impulsa esta iniciativa
A cativada recibiu recomendacións de consumo responsable para que poidan coidar da conservación ambiental na súa vida diaria
Santiago de Compostela

Alumnado participante no Verán CampUSC, a empresa Viaqua e a asociación Amicos acaban de realizar tarefas de limpeza nun tramo do río Sarela ao seu paso polo parque de Galeras, en Santiago de Compostela. Un total de setenta nenos e nenas participaron nesta actividade na que, antes de comezar, empregados de Viaqua explicáronlles á cativada que obxectos non deben refugar polo inodoro para non contaminar as contornas naturais. Ademais, déronlles unha serie de recomendacións de consumo responsable para que poidan coidar da conservación ambiental na súa vida diaria.

A Fundación Universidade de Santiago de Compostela impulsa esta iniciativa dirixida a rapaces e rapazas que poderán coñecer unha importante base de actividades deportivas tradicionais e alternativas, ademais de realizar diferentes obradoiros, actividades e saídas culturais.

“Todas as actividades están especialmente dirixidas ás idades e desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, integración, hixiene e respecto ás normas”, sinalan dende a Fundación Universidade de Santiago de Compostela.

Un total de setenta nenos e nenas participaron nesta actividade
Un total de setenta nenos e nenas participaron nesta actividade
Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.07.2022.