Ir o contido principal

As NerdNites enfrontarán a Cristiano Ronaldo e Leo Messi e rematarán cos silencios incómodos nos ascensores

Cartel da NerdNite que se celebrará o vindeiro 6 de maio
Cartel da NerdNite que se celebrará o vindeiro 6 de maio

‘Como minimizar os silencios incómodos nos ascensores?‘ é o tema co que comezará a vindeira sesión das NerdNite Compostela que se celebrará o martes 6 de maio. O tema será abordado pola cofundadora de 4gotas.com, Beatriz Hervella Nogueira. Ademais a sesión terá tempo para a análise e confrontación de modelos. Así, a letrada da Xunta de Galicia, María Isabel Novo Castro, falará sobre ‘Superhéroe vs Hobbit: A liga da Xustiza invisible’ e o profesor de Física Teórica da USC, José Daniel Edelstein Glaubach, enfrontará aos futbolistas en ‘CR7 vs LM10: a física do tiro libre’. Nerd Orixinalmente, as NerdNites son unha proposta nacida hai anos en Estados Unidos e á que se sumou Santiago en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Articúlase en base a pequenas charlas científicas con contidos chamativos, onde expertos dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.04.2014.