Ir o contido principal

A ‘nova normalidade’ aséntase na USC

s persoas usuarias deben acreditar a pertenza a un dos colectivos sinalados mediante Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI). FOTO: Santi Alvite
s persoas usuarias deben acreditar a pertenza a un dos colectivos sinalados mediante Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI). Imaxe de arquivo. FOTO: Santi Alvite
A Biblioteca Universitaria abre as súas salas de lectura a partir do 25 de xuño e o Servizo de Deportes xa permite o acceso ao pavillón polideportivo, alén de manter aberta a inscrición nos seus Cursos de Verán
Lugo, Santiago de Compostela

A lectura en sala nas bibliotecas da USC volverá a realizarse a partir do xoves 25 de xuño. Terán preferencia na asignación de postos os membros da Universidade e usuarios da BUSC, así como o alumnado das universidades de Coruña e Vigo. Igualmente poderán acceder as persoas matriculadas nas probas de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

As persoas usuarias deben acreditar a pertenza a un dos colectivos sinalados mediante Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) da universidade correspondente, carta de lector da BUSC ou resgardo da matricula no caso do alumnado matriculado nas ABAU. Os horarios e puntos de servizo ofertados poden consultarse nesta ligazón. O aforo máximo do local onde se preste atención ao público deberá permitir cumprir co requisito de distancia de seguridade entre persoas de 1,5 metros. En todo caso, non se superará o 75% do aforo. Non está permitido, asemade, o acceso directo aos fondos bibliográficos.

Polideportivo

Pola súa parte, o Servizo de Deportes volveu abrir o pavillón polideportivo para a práctica de bádminton e tenis de mesa, así como os deportes ordinarios da instalación de forma individual e sen contacto como por exemplo tiros a canastra e a portería con balón propio, ou para acondicionamento físico. Os requisitos de acceso poden consultarse nesta ligazón. Están abertos tamén os prazos de inscrición para os Cursos de Verán en xullo das escolas físico deportivas. As inscricións poden formalizarse en liña

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.06.2020.