As novas fronteiras na igualidade de oportunidades 2.0, a debate na USC

Tomar conciencia sobre as violencias na sociedade civil a fin de intercambiar e analizar boas prácticas para o desenvolvemento de actuacións igualitarias que as faciliten é o obxectivo do curso de verán da USC ‘XI Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: Violencias, coeducación e axentes de socialización’. A inscrición neste programa, incluído na oferta da Universidade de Verán 2015 da USC, remata o 10 de xullo. Dirixido por María José Méndez Lois e María Jesús Payo Negro, este foro estival que se desenvolverá do 21 ao 24 de xullo no Auditorio Municipal de Lalín, pretende tamén afondar e reflexionar sobre a formación e a educación da cidadanía, así como na detección dos problemas educativos e sociais neste eido, para así achegar posibles alternativas e solucións que contribúan a mellorar a sociedade na que vivimos.
A profesora de Socioloxía da Universidade da Coruña abrirá o 21 de xullo a quenda de relatorios deste foro cunha intervención baixo o título ‘A escola morada do patriarcado’, coa que se abrirá o debate sobre a violencia, o tema central da xornada inaugural dun curso no que tamén se abordarán cuestións ligadas á coeducación, arte e igualde e, entre outras, prevención nas redes sociais.