Ir o contido principal

Cinco novas rutas de sendeirismo para este mes de maio

A Universidade de Santiago de Compostela organiza para este mes cinco novas camiñadas, dúas curtas polos arredores de Compostela –o xoves 10 polo monte Viso e o 24 polo río Tambre- e as restantes por distintos sitios da xeografía galega, estas xa cunha duración e dificultade maior. A proposta máis próxima no tempo é esta fin de semana, sábado 12 e domingo 13, en Xinzo de Limia, cun total de 34 quilómetros (sete deles optativos) e unha dificultade media. Xa o sábado 26 o percorrido será por Becerreá, concretamente a ruta de Quintá Río Donsal; e o domingo 27 proponse un paseo de 14 quilómetros polas Illas Cíes. Máis información e inscricións nas Oficinas de Deportes, sitas na Piscina Universitaria, ou a través da páxina web do Servizo. Tamén nos teléfonos 881815071 ou 881815073.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.05.2012.