Ir o contido principal

Novas rutas de sendeirismo por Noia e os arredores de Santiago

O Servizo de Deportes da USC organiza para o vindeiro sábado, 14 de xullo, unha ruta se sendeirismo que percorrerá pola costa os 17 quilómetros que van dende Noia a Porto do Son. Do mesmo xeito, o próximo mes están previstas dúas saídas polos arredores de Compostela. Unha, o xoves 5, polos parques e xardíns da cidade e a do día 12 para coñecer as parroquias de Boqueixón. As persoas interesadas deben dirixirse á Oficina de Deportes, sita na Piscina Universitaria, nos teléfonos 881 815 071 ou 881 815 073 ou a través da páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/deportes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.06.2012.