Novos obradoiros infantís no Museo de Historia Natural da USC para este mes

O Museo de Historia Natural da USC organiza para este mes de outubro dous novos obradoiros infantís, a celebrar en sábado e dirixidos a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.
O primeiro deles será na mañá do 15 de outubro e leva por título ‘Un mundo diminuto. A colección de microscopios Camacho-Pallas’. Nel os participantes visitarán a exposición temporal do museo sobre a historia do microscopio á vez que realizarán unha práctica con mostras recollidas no entorno do museo. Ademais haberá un tempo para os traballos manuais.
Xa o sábado 29 terá lugar outro de carácter máis lúdico, ‘Samaín no Museo de Historia Natural’ , no que os nenos e nenas participarán nun xogo terrorífico de probas e farán traballos sobre esta temática.
Os obradoiros
Quen desexe participar nalgún deles, cun custo por persoa de 4 euros, deberá reservar a praza a través do web do Museo polo menos con dous días de antelación á celebración do obradoiro. Os grupos pecharanse cando se teñan feitas reservas de 30 persoas.
Ambas as dúas actividades correrán a cargo dos biólogos María José López Fernández e Daniel Castro Fernández.