Último obradoiro do ano no Museo de Historia Natural

Co título ‘Unha estrela para a túa árbore’ o Museo de Historia Natural organiza o seu último obradoiro deste ano, no que se realizarán traballos arredor das árbores de Nadal e que contará ademais cun xogo de pistas polas salas do Museo.
Os responsables da actividade, dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos, serán os biólogos María José López Fernández e Daniel Castro Fernández. O obradoiro impartirase en dúas datas a escoller, o martes 27 de 17.00 a 19.00 horas e o venres 30 de 11.00 a 13.00 horas.