Obradoiro de composición fotográfica na USC
Desenvolver a mirada fotográfica a través de técnicas específicas de composición visual é o fundamento do novo obradoiro de fotografía que comeza a vindeira semana da man de Fuco Reyes. O espazo negativo, a textura, o patrón, a cor, liñas e formas, a tensión visual ou a perspectiva son algúns dos aspectos a tratar no curso que se desenvolverá os días 16, 18, 23 e 25 deste mes en horario de 19:15 a 21:15 horas na Aula 3 da Facultade de Xeografía e Historia. O prazo de inscrición permanece aínda aberto.