Ir o contido principal

Un obradoiro e un concerto na Igrexa da Universidade explorará as particularidades da música carnática

A música carnática e á música clásica do sur da India, caracterizada pola importancia que lle outorga á estrutura da canción e polo seu carácter teorético, con máis regras estritas que, por exemplo, a música clásica indostaní (a do norte do país). O contido das cancións da modalidade carnática é sempre relixioso, non sempre de loa, xa que o compositor tamén pode laiarse ou queixarse á deidade. Co obxecto de coñecer as particularidades deste estilo musical, a Área de Cultura da USC organizará este xoves 2 e o venres 3, un obradoiro dedicado á música carnática que impartirá Shantala Subramanyam quen tamén ofrecerá un concerto o mesmo xoves a partir das 20.00 horas na Igrexa da Universidade. A artista estará acompañada por Akkarai S. Sornalatha ao violín e por Akshay Anantapadmanabha á percusión.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.10.2014.