Ir o contido principal

Un obradoiro de elaboración de derivados lácteos ecolóxicos cita uns 20 participantes na APLTA do Campus Terra da USC

Participantes no obradoiro de produtos lácteos ecolóxicos na APlGA
Participantes no obradoiro de produtos lácteos ecolóxicos na APlGA

Un total de 20 persoas participaron este martes na Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC nunha actividade de elaboración de derivados lácteos ecolóxicos, unha actividade formativa complementaria organizada no marco do XII Congreso da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica.

O programa matinal deste obradoiro, que continuará en quenda de tarde no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, comezou cunha explicación inicial a cargo dos técnicos da APLTA, os mesmos que guiaron logo aos participantes na aplicación e posta en práctica dos coñecementos adquiridos para a elaboración de queixo fresco enzimático, ademais do proceso de microfabricación de iogur. Os participantes nesta actividade tiveron a ocasión de visualizar e completar os procesos habituais da elaboración de queixos, desde a preparación do leite, callado, traballo na cuba e modelado. No caso da fabricación de iogures, este proceso desenvolveuse a partir de tres esquemas de fabricación segundo o equipamento e as características do produto que requira a empresa. A segunda parte deste obradoiro desenvolverase no salón de actos do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo en quenda de 16.30 a 18.30. Neste caso, o doutor veterinario da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica Carmelo García Romero é o encargado de tratar tres temas fundamentais no que respecta ás bases da produción gandeira ecolóxica: prevención e control de enfermidades, plans de saúde e xestión sanitaria, ademais de tratamentos veterinarios e manexo sanitario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.09.2016.