Obradoiro de iniciación ao baile tradicional na residencia Monte da Condesa
O estudante e residente do Monte da Condesa Xián Otero Camaño impartirá as vindeiras semanas un obradoiro de iniciación ao baile tradicional, organizado pola Bolsa de Música da Residencia.
Este primeiro obradoiro celebrarase en dúas sesións os días 9 e 16 de abril ás 20:30 horas. A inscrición, de balde, pode formalizarse directamente no taboleiro da bolsa de música da Residencia ou enviando un correo electrónico a alexndrios [at] gmail.com (alexndrios[at]gmail[dot]com).