O obradoiro de iniciación á elaboración de xabón cubre as prazas en poucas horas
A partir da idea de que a maioría dos xabóns dispoñibles no mercado son en realidade produtos elaborados con substancias químicas derivadas do petróleo que en moitos casos poden ser prexudiciais, a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC organiza un novo obradoiro de iniciación é elaboración de xabón. Esta é unha proposta que xa cubriu as prazas en poucas horas e para a que se xerou unha listaxe de agardar de persoas interesadas. O obradoiro celebrarase o próximo 24 de novembro.
O taller centrarase no xabón de glicerina por ser esta unha boa opción para aquelas persoas que teñen a pel especialmente seca ou sensible xa que a principal característica da glicerina é o seu poder humectante. Ademais, estes xabóns teñen un pH menor que outros. No coidado da pel, a glicerina axuda a conservar as súas propiedades en equilibrio, retendo a humidade natural. A actividade será guiada por Mª Pilar Riveiro López quen conta cunha extensa experiencia neste ámbito.