Ir o contido principal

Un obradoiro da USC amosa as mellores técnicas para realizar fotografías na rúa

Exemplo de fotografía de rúa. Foto: Fuco Reyes
Exemplo de fotografía de rúa. Foto: Fuco Reyes

O obradoiro ‘Street photography’ afonda nas mellores técnicas para realizar fotografías na rúa. O curso, que se engloba na oferta do espazo de fotografía da USC, desenvolverase en horario de luns e mércores de 19.00 a 21.00 horas entre os días 12 e 28 de maio. Ten unha duración total de 12 horas, e nas clases, que se impartirán na aula 1.3 da Facultade de Ciencias Políticas, tamén se ofrecerá unha revisión dos autores máis importantes desta disciplina ao longo da historia. O custe do curso é de 55 euros para membros da comunidade universitaria e 82 para o resto de interesados. O número máximo de alumnos é de 25 e as prazas cubriranse por rigoroso orde de inscrición. Ademais os alumnos de grao que realicen varios dos cursos de fotografía que se ofertan poden recibir un crédito de grao por cada 25 horas. Para máis información e matrícula as persoas interesadas deben acudir á Área de Cultura da USC, no colexio de San Xerome e no teléfono 881 811 018.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.05.2014.