Ir o contido principal

Obradoiros de panadería e repostería ecolóxica na USC

Serán en Santiago e Lugo os días 19 e 26 de febreiro, respectivamente

Unha panadería e unha repostería sen transxénicos, con produtos de tempada, coherente social e ambientalmente é posible só coñecendo algúns trucos. Así o aseguran dende a Oficina de Desenvolvemento Sostible, que organizan un obradoiro práctico ecolóxico para os días 19 e 26 de febreiro en Santiago e Lugo, respectivamente. O obradoiro, enmarcado no Proxecto de Hortos Urbanos da USC, desenvolverase nas cociñas do Colexio Maior Fonseca de Compostela e na Residencia Universitaria luguesa Bal y Gay ás 17:30 horas. A inscrición será de balde (achega voluntaria de 2€ para material) e para facela efectiva haberá que enviar un correo a entransicion [at] usc.es (entransicion[at]usc[dot]es) indicando nome completo, colectivo ao que se pertence (estudante, PDI e PAS), centro de estudos ou traballo e correo electrónico. As prazas serán limitadas e cubriranse por orde de inscrición, dando prioridade aos membros da comunidade universitaria (data límite da inscrición en Santiago: 19 de febreiro ás 13.00 horas e en Lugo o 25).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.02.2013.