Obradoiros para planificar o proceso de busca de emprego
A Área de Orientación Laboral (SAEE) do Campus de Santiago organiza en novembro diversos talleres sobre técnicas de busca de emprego enfocados a facilitar o acceso ao mercado laboral dos titulados universitarios. Durante os días 9 e 10 de novembro se desenvolverán os obradoiros ‘A elaboración dun currículo eficaz’ e ‘A importancia da preparación das entrevistas de traballo’, respectivamente, dirixidos a estudantes de últimos cursos e titulados recentes en ADE, Economía, Dereito, Políticas e Relacións Laborais. Estas actividades, que se repetirán de maneira específica para cada área de coñecemento nos vindeiros meses, abordaranse desde un punto de vista práctico e participativo coa finalidade de mellorar as opcións de empregabilidade dos universitarios facilitándolles a transición cara ao mundo laboral. Os obradoiros son gratuítos e desenvolveranse en horario de 10:00 a 14:00 horas no Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAEE) da Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua. Aquelas persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente na oficina da Área de Orientación Laboral (SAEE), no teléfono 881 812 850 ou a través do correo electrónico saeelabo [at] usc.es (saeelabo[at]usc[dot]es). Pódese consultar o calendario de obradoiros dirixidos ás diferentes titulacións no enlace http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/modules/actividades/news_0002.html.