Ir o contido principal

O Observatorio Astronómico colabora coa organización das Visitas Astronómicas da Cidade da Cultura

Cartel das xornadas que se celebrarán ata o vindeiro mes de setembro
Cartel das xornadas que se celebrarán ata o vindeiro mes de setembro

Nos sábados de xullo, agosto e setembro, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC colaborará un ano mais no desenvolvemento das Visitas Astronómicas que organiza a Cidade da Cultura de Galicia. Para poder participar nelas é necesario apuntarse na dirección web de dito organismo (http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/visitas-astronomicas-2017).

A través de telescopios e prismáticos e seguindo as explicacións técnicas de monitores do Observatorio Astronómico universitario, quen acuda ás visitas observará a Lúa, planetas, estrelas dobres ou nebulosas. Ademais, coa axuda dun planisferio, ensinarase a identificar as constelacións a simple vista, estando programadas sesións especiais como ‘A noite das Perseidas’, para gozar na noite do 12 de agosto das ‘lágrimas de San Lorenzo’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2017.