Ir o contido principal

O Observatorio Astronómico de Lalín conta xa con cúpula e novo telescopio

Pedro Pablo Campo e José Ángel Docobo co novo telescopio
Pedro Pablo Campo e José Ángel Docobo co novo telescopio

A instalación dun novo telescopio e dunha cúpula vén sumarse aos traballos que en Lalín se están a desenvolver co obxecto de recuperar o emblemático Observatorio Astronómico do padre Aller, onde comezou a investigación astronómica en Galicia. A instalación definitiva puido levarse a cabo grazas a un convenio de colaboración entre o Concello lalinense e a USC. Para o responsable científico do proxecto por parte da USC, José Ángel Docobo, a instalación recuperada vai ser un “magnífico complemento” do Observatorio compostelán ao tempo que servirá “non só para pór en valor a Lalín como berce da astronomía galega senón tamén como recoñecemento á figura do astrónomo lalinense”. Foron o propio José Ángel Docobo e Pedro Pablo Campo, da USC, quen supervisaron hoxe en Lalín a montaxe do instrumental científico que en breve se abrirá ao público.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.07.2010.