Ir o contido principal

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller pon en marcha unha nova edición do Programa de Extensión Cultural de AStronomía

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller organiza este curso a décimo oitava edición do Programa de Extensión Cultural de AStronomía (PECAS), dirixido tanto a Comunidade Universitaria como a sociedade en xeral. A súa finalidade é achegar o mundo da Astronomía especialmente ao alumnado que non ten un contacto curricular con esta rama da ciencia, ao tempo que abrir as instalacións do Observatorio a todas as persoas que o desexe, que así poderán terán a oportunidade de realizar observacións a través dos telescopios e recibir ensinanzas teóricas e prácticas de Astronomía a un nivel asequible. A persoas interesadas deberán formalizar a matrícula ao logo da vindeira semana, mentres que os integrantes da comunidade universitaria deberán formalizala o próximo 3 de novembro. Toda a información sobre o desenvolvemento de PECAS está dispoñible na web do observatorio. Esta iniciativa conta co apoio da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2014.