Ir o contido principal

O Observatorio Astronómico solicita colaboración cidadá para identificar un posible bólido diúrno

A instantánea mostra o aspecto do obxecto observado o pasado 17 de maio arredor das 16.00 horas no sur de Galicia. Foto: Alberto Otero
A instantánea mostra o aspecto do obxecto observado o pasado 17 de maio arredor das 16.00 horas no sur de Galicia. Foto: Alberto Otero

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC está investigando o paso dun obxecto luminoso que se rexistrou o pasado 17 de maio ás 16.00 horas sobre o sur de Galicia. Logo de examinar unha imaxe enviada por Alberto Otero, o director do Observatorio universitario, José Ángel Docobo sinala que se podería tratar dun ‘bólido diúrno’, fenómeno luminoso producido na atmosfera terrestre pola entrada dunha pedra cósmica ou meteoroide que se está a mover en torno ao Sol.

O Observatorio Astronómico da USC agradece a todas aquelas persoas que o visen que se poñan en contacto co centro a través do correo electrónico oasec [at] usc.es (oasec[at]usc[dot]es) ou tamén telefonicamente en 881.815.016 ou 881.815.025. Ademais poden enviar unha mensaxe á Rede Española de Bólidos e Meteoritos spmn [at] ieec.uab.es (spmn[at]ieec[dot]uab[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.05.2016.