Ir o contido principal

O Observatorio Astronómico da USC mantén aberta a inscrición nas accións da Semana da Ciencia

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC mantén aberto o prazo de inscrición para as actividades da Semana da Ciencia 2011, que coordina o seu director José Ángel Docobo. Neste programa gratuíto, a desenvolver en novembro con financiamento da Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT), están previstas visitas guiadas con observacións nocturnas no Observatorio do Campus os días 4, 5, 11, 12, 18 e 19 de 20.00 a 24.00 horas; astronomía para nenos e nenas os domingos 6 e 13 en horarios de 17.00 a 18.30 e de 18.30 a 20.00 horas; obradoiros de telescopios os sábados 5 e 12 de 17.00 a 20.00 horas; e un cursiño de iniciación á astronomía. Por último, desenvolverase un programa de astronomía itinerante por toda Galicia con charlas e observacións. Quen se interese por estas actividades debe facer a reserva de praza no correo electrónico pedropablo.campo [at] usc.es (pedropablo[dot]campo[at]usc[dot]es) ou no teléfono 981592747 (de 12 a 14 e de 18 a 20 horas).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.10.2011.