O Observatorio Astronómico da USC realiza esta noite en Trazo unha práctica de observación nocturna

Estudantes dos graos de Matemáticas e de Óptica, do IV Ciclo e do Máster de Matemáticas desprazaranse esta noite xunto cun equipo do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC ao Concello de Trazo para realizar unha práctica de observación nocturna.
Ata hai case unha década esta práctica realizábase no Monte Pedroso, pero debido á contaminación lumínica da cidade de Santiago e os seus arredores o grupo tivo que buscar outro lugar para observar con calidade o ceo nocturno.