Ir o contido principal

O Observatorio Astronómico da USC realizará durante agosto e setembro xornadas de observación dende o monte Gaiás

O Observatorio Astronómico da USC realizará durante agosto e setembro xornadas de observación dende o monte Gaiás
O Observatorio Astronómico da USC realizará durante agosto e setembro xornadas de observación dende o monte Gaiás

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC desenvolverá ao longo dos meses de agosto e setembro unha serie de actividades astronómicas a simple vista e con telescopio dende o Monte Gaiás. Trátase dunha colaboración que o observatorio universitario estableceu coa Cidade da Cultura para participar no seu programa de visitas guiadas. Concretamente, as observacións realizaranse os días 5, 9, 17 e 30 agosto ademais da xornada do 12, coincidindo coa noite das Perseidas. Xa en setembro, as sesións serán os días 2, 6 e 16, para grupos de ata 30 persoas. Os participantes serán trasladados en autobús dende a dársena de La Salle Nunha primeira xornada realizada no mes de xullo, este programa astronómico obtivo unha excelente acollida, segundo apunta o director do Observatorio da USC, José Ángel Docobo. Os asistentes puideron observar a simple vista a conxunción planetaria de Venus, Marte e Saturno así como as constelacións máis sobranceiras do verán e, xa co telescopio, diversos obxectos de interese, sempre acompañados da información achegada polos investigadores do Observatorio Ramón María Aller.

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa ten que poñerse en contacto coa Fundación Cidade da Cultura no teléfono 881.99.75.70, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén se pode acadar máis información na páxina web http://www.cidadedacultura.es.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.07.2010.