Ir o contido principal

'Odisea espacial' pecha o Festival Internacional de Teatro Universitario en Lugo

A Aula de Teatro Universitaria de Ourense ‘Maricastaña’ pecha este martes 20 a décimo sexta edición do Festival Internacional de Teatro Universitario no campus lugués coa posta en escena de ‘Odisea espacial’.
Esta peza, unha dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de ‘2001, unha odisea espacial’ e ‘2010, Odisea 2’ de Arthur Clarke, é a primeira incursión do grupo teatral ourensán na ciencia ficción.
A representación será ás 21:00 horas no Auditorio Gustavo Freire con entrada gratuíta, previo paso polo despacho de localidades que estará aberto ao público dende as 20:00 horas. As persoas que desexen asistir á función poderán facelo nos autobuses que sairán ás 20:15 horas da Escola Universitaria de Formación do Profesorado e ás 20:30 horas da Residencia Universitaria Bal y Gay.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.04.2010.