Ir o contido principal

A oferta de revistas electrónicas dispoñibles duplícase en 2015

O número de títulos de revistas electrónicas accesibles dende a USC a través do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia) ascenderá este ano ata as 6.626 publicacións, en boa medida grazas ás negociacións con Elsevier, Springer e Wiley, todas eles cun paquete de publicacións de recoñecido prestixio internacional xa que a maioría están representadas no índice de referencia Journal Citation Reports con altos factores de impactos nas súas respectivas disciplinas. Así, o acceso á Freedom Collection de ScienceDirect de Elsevier permitirá pasar dos 931 títulos dispoñibles do pasado ano aos 1.837 actuais; mentres que de Springer, co acceso aos títulos da Licenza Cruzada de Institucións Españolas, das 130 cabeceiras de 2014, a oferta increméntase ata o 1.853 títulos en 2015; ao que se suma o acordo marco con Wiley, que supón pasar de 480 títulos a 1.422. As licenzas de paquete completo negociadas por Bugalicia ofrecen aos investigadores un maior acceso á literatura científica, ao tempo que facilitan a difusión de publicacións e a posibilidade de que se incrementan o número de citas para cada traballo e autor/a. O acceso ao catálogo de revistas electrónicas pódese realizar a través do enlace dispoñible na web da Biblioteca Universitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.03.2015.