Ir o contido principal

A Oficina de Cursos Internacionais busca familias compostelás que acollan alumnado estranxeiro

As familias interesadas deben poñerse en contacto coa Oficina de Cursos Internacionais. FOTO: Santi Alvite
As familias interesadas deben poñerse en contacto coa Oficina de Cursos Internacionais. FOTO: Santi Alvite
O programa consiste en recibir a un ou unha estudante durante o tempo que dure o seu curso e darlle a oportunidade de integrarse na vida familiar
Santiago de Compostela

A Oficina de Cursos Internacionais da USC coordina un programa de aloxamento en familias para o alumnado estranxeiro que vén estudar a Santiago en distintos períodos ao longo de todo o ano. “Unha das opcións de aloxamento ofertada aos participantes é a de permanecer cunha familia compostelá durante a súa estadía na cidade”, explican dende a Oficina de Cursos Internacionais da USC.

O programa consiste, en liñas xerais, en recibir a un estudante durante o tempo que dure o seu curso (mínimo de dúas semanas) e darlle a oportunidade de integrarse, na medida do posible, na vida familiar. O alumno ou alumna disporá dunha habituación individual en réxime de pensión completa ou media pensión. As familias serán retribuídas segundo o período da estadía. A localización do aloxamento debe ser en Santiago cidade.

As familias interesadas deben poñerse en contacto coa Oficina de Cursos Internacionais (Avda das Ciencias, chalet nº 3. Campus Sur. Santiago de Compostela. Tel: 881814423 E.mail: cursos.internacionales [at] usc.es (cursos[dot]internacionales[at]usc[dot]es) 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.05.2022.