A Oficina de Cursos Internacionais busca familias compostelás que acollan estudantes estranxeiros
A Oficina de Cursos Internacionais da Universidade de Santiago coordina un programa de aloxamento en familias para o estudantado estranxeiro que virá estudar a Santiago en distintos períodos ao longo de todo o ano. Unha das opcións de aloxamento ofertada aos/ás participantes é a de permanecer cunha familia compostelá ao longo da súa estadía na cidade. O programa consiste, en liñas xerais, en recibir a un estudante durante o tempo que dure o seu curso (mínimo de dúas semanas) e darlle a oportunidade de integrarse, na medida do posible, na vida familiar. O/a alumno/a disporá dunha habituación individual en réxime de pensión completa ou media pensión. As familias serán retribuídas segundo o período da estadía. As familias interesadas deben poñerse en contacto coa Oficina de Cursos Internacionais emprazada en Campus Vida (Avda das Ciencias, chalet nº 2, Santiago de Compostela) así como no teléfono 881.814.497 ou na conta de correo electrónico linguas [at] usc.es (linguas[at]usc[dot]es) (á atención de Lola).