Ir o contido principal

A Oficina de Desenvolvemento Sostible organiza unha charla sobre contaminación lumínica

A Oficina de Desenvolvemento Sostible organiza unha charla sobre contaminación lumínica
A Oficina de Desenvolvemento Sostible organiza unha charla sobre contaminación lumínica

A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC organiza este xoves 9 unha charla sobre contaminación lumínica que impartirá o profesor da Facultade de Óptica e Optometría da USC e especialista na materia Salvador Bará. Esta é unha iniciativa que se organiza no marco do Ano Internacional da Luz e celebrarase a partir das 16.00 horas na Aula Magna Carlos Gómez-Reino Carnota da Facultade de Óptica compostelá. O obxectivo da charla é concienciar das consecuencias da contaminación lumínica e as posibles medidas de prevención da mesma, baseándose en exemplos que se atopan a cotío na contorna máis próxima. A Organización de Nacións Unidas acordou na súa 68 Asemblea Anual proclamar o 2015 como Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas nela. A conmemoración pretende comunicar á sociedade a importancia da luz e as súas tecnoloxías asociadas en áreas tan importantes como a enerxía, a educación, a saúde ou a comunicación, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2015.