A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC organiza un cursiño de cociña ecolóxica
A actividade desenvolverase no Colexio Maior Fonseca e será impartida polo cociñeiro Iago Castrillón
A Oficina de Desenvolvemento Sostible organiza, dentro do programa USC en Transición, un cursiño de cociña ecolóxica que se desenvolverá o martes 22 de maio a partir das 17.00 horas nas instalacións do Colexio Maior Fonseca de Santiago de Compostela. O encargado desta actividade formativa será o cociñeiro Iago Castrillón, do restaurante Acio, Bib Gourmand da Guía Michelin 2012. As persoas interesadas poden inscribirse mediante un correo electrónico no enderezo cocinhaentransicion [at] gmail.com (cocinhaentransicion[at]gmail[dot]com). O prezo do curso é de 5 euros.