Ir o contido principal

A Oficina de Software Libre da USC súmase ao Día Mundial para a Liberación dos Documentos

A Oficina de Software Libre USC (OSL) participa este mércores 25 na conmemoración do Document Freedom Day (DFD), Día Mundial para a Liberación dos Documentos. Trátase dunha iniciativa que quere educar ao público acerca da importancia do uso de Formatos de Documentos Libres e Estándares Abertos en xeral.
A OSL colaborará coa liberación de documentación e a difusión de formatos que garantan a interoperabilidade dentro da comunidade universitaria. Ademais durante o vindeiro mes de Abril a OSL percorrerá os diversos centros universitarios coa iniciativa chamada Puntos de Información nas Facultades (PIF) que aconsellará e difundirá o uso de sistemas operantes e formatos libres e abertos.
De xeito complementario ao Software Freedom Day, o obxetivo desta iniciativa é colaborar con equipos locais de todo o mundo onde participan milleiros de persoas e entidades co fin de fomentar o uso destes formatos. A efeméride, que en 2009 se celebra por segundo ano, pretende converterse nunha cita estable que se lembrará o último mércores do mes de marzo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.03.2009.