Ir o contido principal

A ollada solidaria de Siro López, en Fonseca

O artista Siro López, cunha das obras da exosición (Foto: SERVIMAV-USC)
O artista Siro López, cunha das obras da exosición (Foto: SERVIMAV-USC)

O polifacético artista Siro López expón dende este xoves e ata o vindeiro 25 de novembro no Colexio de Fonseca a súa particular e orixinal visión sobre a terrible realidade que sofren diariamente en moitos lugares do planeta millóns de persoas, nomeadamente nenos e nenas.

A mostra ‘Arte e solidariedade’ organizada por Mans Unidas coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela destaca, ademais de polo seu marcado carácter didáctico e educativo, pola utilización de diversidade de técnicas e materiais como lapis, bolígrafo, graffiti, aerógrafo ou colaxe. Catalogado no realismo conceptual, nas súas obras mestura a pintura coa instalación e ensamblaxe de materiais de refugallo recollidos en múltiples contextos.

‘Arte e Solidaridade’ permanecerá aberta ao público de luns a sábado en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. Ademais, haberá visitas guiadas e propostas didácticas para centros educativos de primaria, secundaria e bacharelato.

A vicerreitora Dolores Álvarez foi a encargada de inaugurar a mostra (Foto: SERVIMAV-USC)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2015.