Ir o contido principal

As oportunidades e ameazas da Unión Europea, a debate

Co gallo o vindeiro 9 de maio do Día de Europa, o Centro de Estudos e Documentación Europeos (CEDE) da USC desenvolve este xoves 4 unha mesa redonda sobre as oportunidades e ameazas da Unión Europea. A sesión, organizada con outros centros de información da UE da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, terá lugar no Museo das Peregrinacións de Santiago ás 18.00 horas.

Na mesa redonda participarán o catedrático e director do CIQUS da USC, José Luis Mascareñas, beneficiario dunha axuda Advanced Grant do Consello Europeo de Investigación; a eurodeputada galega Lidia Senra; a responsable de Calidade en Sword Health, Mariana Neto; e a coordinadora para A Coruña da asociación Erasmus Student Network, Tamires Ferreira do Nascimento.

Na xornada analizaranse e debateranse os desafíos comúns para a UE no ámbito da libre circulación das persoas e empresas, do traballo, da investigación e do estudo, ademais de tratar cuestión tan actuais como o euroescepticismo, o Brexit ou a inmigración.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2017.